A Xunta reúnese coa Asociación Profesional de Axentes de Igualdade de Oportunidades Galega
Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2024
A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, reuniuse esta mañá con representantes da Asociación Profesional de Axentes de Igualdade de Oportunidades Galega (Apaoiga) para estudar posibles vías de colaboración e escoitar as súas propostas de mellora en políticas de igualdade.
Durante o encontro, lembrou que o Goberno galego colabora coas entidades que máis preto están no día a día das galegas e dos galegos como son os concellos e as entidades sociais. Neste sentido, concretou que a Xunta impulsa axudas por valor dun millón de euros para a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero e tamén para o apoio do gasto de persoal dos Centros de Información da Muller, que dan servizo a 191 concellos e ao que se destina 4,3 millóns de euros.
Ademais, o Goberno galego tamén colabora coas ANPAS por realizar un papel fundamental na promoción da igualdade, na prevención da violencia de xénero e na conciliación e a corresponsabilidade. Neste sentido, a Xunta impulsa dúas liñas que suman case un millón de euros e coas que este ano se está a fomentar programas como 185 entidades.