O director de turismo e o delegado da Xunta en Ourense asisten á saída de La Vuelta en Ourense
2024-08-29
/documents/35297/1427903/WhatsApp+Image+2024-08-29+at+14.13.05+%281%29.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
Ourense, 29 de setembro de 2024
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, asistiron hoxe a saída da 12ª etapa de La Vuelta que transcorre ao longo de 137,5 km desde Ourense ata a Estación de Manzaneda, co apoio da Xunta. Trátase da primeira proba ondulada con final en alto.
La Vuelta continúa así o seu percorrido por terras galegas, contribuíndo á internacionalización do destino. Nesta 79 edición conta con catro etapas nas catro provincias galegas que suman un total de 500 quilómetros percorridos por toda a Comunidade. A proba ten a diario 1,3 millóns de espectadores que a seguen a través da televisión e outro 1,8 millóns de persoas que o fan nas redes sociais.
Departamento:
Axencia de Turismo de Galicia
Data de actualización: 29/08/2024