O conselleiro do Mar participa nas festas do Carmen de Porto do Son
2024-09-08
/documents/35297/1440377/IMG_1039.JPG?version=1.0&imagePreview=1
Porto do Son (A Coruña), 8 de setembro de 2024
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participou este domingo nas festas do Carmen de Porto do Son. O responsable autonómico quixo acompañar así aos asistentes neste festexo no que se homenaxea á patroa dos mariñeiros e a todas as persoas que traballan ou se relacionan co mar.
Neste senso, Villares expresou o seu agradecemento por facelo partícipe deste encontro e trasladou tanto a súa vontade, como a da consellería que dirixe, para seguir apoiando o sector, aos pobos nos que a pesca é un dos elementos que sustentan a súa economía e a todas as familias que buscan neste medio a ilusión do seu futuro.
Data de actualización: 08/09/2024