Rueda reúnese coa Federación de Usuarios do Porto de Vigo para buscar novas vías de colaboración
2024-09-09
/documents/35297/1443018/240909_Pte_Consello_FedUPtosVigo_DCS-1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Vigo, 9 de setembro de 2024
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo hoxe unha reunión con representantes da Federación de Usuarios del Puerto de Vigo, entre os que se atopaba o seu presidente, Enrique Mallón.
Nela, o presidente do Goberno galego e os representantes da Federación falaron de proxectos en común entre as dúas institucións, así como de posibles novas vías de colaboración que poidan abrirse nun futuro, e insistiron na necesidade de manter unha interlocución constante.
Departamento:
A Presidencia da Xunta
Data de actualización: 09/09/2024