Fabiola García recibe na praza do Obradoiro a un grupo de persoas con ELA tras rematar o Camiño de Santiago

A conselleira de Política Social e Igualdade lembrou que Galicia é a primeira Comunidade Autónoma en contar cunha axuda directa de ata 12.000 euros ao ano para os pacientes con ELA

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2024

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, recibiu hoxe na praza do Obradoiro a un grupo de 70 persoas do grupo CompostELA, integrado por pacientes, familiares, coidadores e un equipo de gardas civís voluntarios que acompañaron aos peregrinos durante o seu traxecto desde O Cebreiro. O grupo entregoulle á conselleira unha culler para instar aos responsables públicos a que sigan traballando para garantir o dereito a comer das persoas con Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA).

Fabiola García destacou a importancia de dar visibilidade á ELA e lembrou que Galicia é a primeira Comunidade en contar cunha axuda directa de ata 12.000 euros ao ano para que as persoas que teñan diagnosticada esta doenza poidan facer fronte aos diferentes gastos asociados. Tamén lamentou a parálise que desde fai dous anos acumula a Lei ELA no Congreso dos Deputados.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/09/2024