Rueda traslada o apoio de Galicia ao deportista sénior José Antonio Fernández que participará nunha proba deportiva de alto nivel en Perú

Entrégalle unha bandeira de Galicia para o seu ascenso ao cumio do volcán Vallunaraju

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo hoxe un encontro co deportista sénior José Antonio Fernández que participará nunha proba de deporte extremo este mes en Perú e trasladoulle todo o seu apoio para afrontar esta competición de alto nivel.

Fernández, de 70 anos,  participará no Desafío SantaLucía Séniors que se celebrará nos Andes entre o 13 e o 29 de setembro e que inclúe varias xornadas en bicicleta de montaña, ascensos ao Lago 69 e ao Yanayacu para rematar cun ascenso ao cumio do volcán Vallunaraju, de 5.686 metros de altitude.

Durante o encontro, ao que tamén asistiu o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, o presidente fíxolle entrega dunha bandeira de Galicia para a súa chegada ao cumio do volcán peruano.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/09/2024