Diego Calvo recibe ó coruñés Jacobo Copa, campión do mundo sub-19 de hóckey sobre patíns
2024-09-17
/documents/35297/1449676/20240917EncontroJacoboCopa3.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2024
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, reuniuse hoxe co xogador coruñés de hóckey sobre patíns Jacobo Copa, quen vén de proclamarse campión do mundo sub-19 coa selección española. Diego Calvo transmitiulle os parabéns polo triunfo, que se suma ao subcampionato de Europa sub-19 conseguido en 2023 e a outros títulos anteriores en categorías inferiores. Criado na base do Dominicos, Copa incorporouse este verán ao primeiro cadro do Hóckey Club Liceo da Coruña.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 17/09/2024