A Xunta colabora co Real Aeroclub de Lugo na celebración do XVI Criterium Aeronáutico do 27 ao 29 de setembro en Rozas

Lugo, 18 de setembro de 2024

A Xunta de Galicia colabora na celebración do XVI Criterium Aeronáutico Galicia e a XXXVIII Volta Aérea a Galicia, organizadas polo Real Aeroclub de Lugo no aeródromo de Rozas. O delegado territorial, Javier Arias,  participou hoxe na presentación das actividades, que se desenvolverán durante a fin de semana do 27 ao 29 de setembro. 

Entre as actividades previstas ofértanse salto en paracaídas -en tándem cun profesional- ou voos de introdución, xunto a actividades en terra como exposicións ou o simulador de voo que achega a Xunta a través do Centro Integrado de Formación Profesional As Mercedes, que o porá a disposición das persoas interesadas coa axuda de profesorado e alumnado do centro.

Arias felicitou ao novo presidente do Aeroclub de Lugo, Francisco Abelleira, polo seu recente nomeamento, e destacou a calidade deste evento, “consolidado ano tras ano ata considerarse un dos mellores do país na súa modalidade”. Prevese a asistencia de arredor de 150 aeronaves coas súas correspondentes tripulacións procedentes de toda España.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/09/2024