Fabiola García inaugura o máster da Universidade de Vigo que formará aos profesionais do sistema de protección de menores
A conselleira de Política Social e Igualdade e o reitor da Universidade de Vigo abriron o curso académico do Máster universitario en menores en situación de desprotección e conflito social
Vigo (Pontevedra), 19 de setembro de 2024
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, e o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, inauguraron hoxe o curso académico 2024-2025 do Máster universitario en “Menores en situación de desprotección e conflito social” que imparte a Universidade de Vigo e que coordina a profesora Teresa Estévez Abeleira.
A conselleira destacou a importancia de dispoñer dunha proposta académica especializada á hora de abordar un tema tan delicado como é a protección dos menores en situación de desamparo. A titular da Xunta lembrou o traballo diario dos profesionais da rede de protección á infancia autonómica e puxo en valor a existencia de estudos de posgrao que formen aos mellores profesionais para Galicia.