Martina Aneiros asiste en Exponav á recepción aos participantes do congreso ‘Polymer Processing 2024’ que alberga o campus industrial de Ferrol
2024-09-30
/documents/35297/1463566/CongresoPolimeros.JPG?version=1.0&imagePreview=1
Ferrol, 30 de setembro de 2024
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou esta tarde na Fundación Exponav no acto de recepción aos participantes no congreso Polymer Processing 2024 que albergará durante esta semana o campus industrial de Ferrol.
O congreso, que coincide coa reunión rexional europea da Polymer Processing Society, ten como obxectivo fomentar o intercambio de desenvolvementos e innovacións en áreas relacionadas coa enxeñería de polímeros. Máis de 280 investigadores de 29 países toman parte neste encontro.
Data de actualización: 30/09/2024