A Xunta recibe a placa de ouro da seguridade de Securitas Direct que recoñece a Galicia como unha das comunidades máis seguras de España

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, recibiu esta mañá o recoñecemento de mans do director territorial noroeste de Securitas Direct, Javier Iglesias 

 

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2024

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, recibiu esta mañá de mans do director territorial noroeste de Securitas Direct, Javier Iglesias, a placa de ouro da seguridade, coa que a entidade recoñece a Galicia como unha das comunidades máis seguras de España. 

O galardón concedido enmarcase nos resultados do informe A seguridade nos fogares e negocios, publicado polo Observatorio Securitas Direct, no que se destaca os baixos niveles de incidentes na comunidade galega. 

Santiago Villanueva puxo en valor o labor das forzas e corpos de seguridade que traballan en Galicia e súa coordinación ante calquera incidencia para que Galicia sexa unha comunidade cada vez máis segura. Puxo como exemplo o traballo da Policía Autonómica que, entre as súas actuacións, se encarga da actividade relacionada coa protección das vítimas de violencia de xénero, a prevención e investigación de incendios forestais, a loita contra o furtivismo ou a vixilancia das diferentes rutas dos Camiños de Santiago.

Ademais, sinalou o compromiso da Xunta para contar con axentes ben formados desde a Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), onde tamén se preparan os efectivos dos servizos de emerxencias, aos que o Goberno galego ademais apoia coa dotación de equipamento. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/10/2024