O delegado territorial da Xunta participa na presentación do evento ‘Funtastik’

Ourense, 1 de outubro de 2024

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou esta mañá na presentación do evento ‘Funtastik’, que terá lugar na cidade, dentro do recinto feiral de Expo Ourense do 4 ao 13 de Outubro e que ofrecerá un universo de experiencias educativas e divertidas para todas as idades.

Trátase dun certame, que conta coa colaboración da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional  e da Deputación Provincial de Ourense para seguir afondando no seu compromiso cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, a formación e a práctica deportiva da cidadanía.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/10/2024