A Xunta acolle unha exposición que pon en valor a aldea do Couto de Ponteceso, na que a Fundación Eduardo Pondal realiza actividades interxeracionais
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou a mostra e destacou o labor desta entidade en favor do envellecemento activo
Santiago de Compostela, 1 de outubro 2024
A Xunta acolle desde hoxe unha mostra organizada pola Fundación Eduardo Pondal sobre a aldea cultural de O Couto, en Ponteceso, onde esta entidade leva a cabo programas de conciliación e envellecemento activo que teñen como obxectivo dinamizar a comarca. A Consellería de Política Social e Igualdade apoia as iniciativas desta entidade a través dun convenio de colaboración ao que destina este ano 20.000 euros, un 25% máis co ano anterior.
Coincidindo co Día Internacional dos Maiores, o director xeral Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, acompañado xerente da Fundación Pondal, José Mª Varela, visitou a mostra, situada na Pirámide do edificio administrativo de San Caetano. Á apertura desta exposición tamén asistiu o alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato.
O director xeral puxo en valor os 15 anos de traxectoria desta entidade, que ofrece actividades para maiores e alternativas para que os maiores manteñan unha vida activa e saudable na súa propia contorna.