A campaña GALICIA SABE AMAR leva o mellor sabor e a calidade dos productos pesqueiros galegos a Valga

Valga (Pontevedra), 3 de outubro de 2024

A campaña GALICIA SABE AMAR continúa o seu periplo  polo territorio galego recalando en máis concellos nesta nova edición posta en marcha no pasado mes de agosto. A Xunta amosa o mellor sabor do mar e a calidade do peixe e marisco galegos dun xeito novidoso a través de foodtrucks á vez que se divulga os beneficios para saúde que detrás do consumo destes alimentos. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, acompañado polo alcalde de Valga, José María Bello Maneiro, visitou hoxe a gastroneta presente no concello pontevedrés onde resaltou a importancia de reforzar a promoción dos produtos pesqueiros no contexto actual de progresivo descenso da presencia do peixe, do marisco e das conservas na cesta da compra da cidadanía.

O responsable autonómico subliñou que a nosa comunidade conta cun produto de excelente calidade provisto dunhas propiedades nutricionais e culinarias únicas. Nesta liña, recalcou que iso é posible grazas ao traballo das xentes do mar que día tras día fan posible que os tesouros do mar de Galicia rematen no nosos pratos. Por último, reiterou o compromiso da Xunta de seguir traballando na promoción dos alimentos mariños galegas tanto dentro como fóra das nosas fronteiras.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/10/2024