A Xunta destaca a feira de oportunidades ‘Grovestock’ pola súa posta en valor do comercio local no marco da Festa do marisco do Grove
2024-10-04
/documents/35297/1464225/20241004+DXCC+Grovestock+1.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
O Grove (Pontevedra), 4 de outubro de 2024
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe na inauguración da feira de oportunidades Grovestok Festa do Marisco do centro comercial aberto (CCA) De Tendas do Grove. Unha iniciativa apoiada pola Xunta no marco da convocatoria para a innovación e a dinamización dos centros comerciais abertos, á que este ano se destinan un total de 2,25 millóns de euros.
Durante o evento -accesible no recinto da Festa do Marisco, que celebra este ano a súa 61ª edición deica o 13 de outubro- os comerciantes da zona porán a disposición de veciños e visitantes todo tipo de produtos con descontos atractivos para incentivar a venda nos establecementos locais.
Departamento:
C. de Emprego, Comercio e Emigración
Data de actualización: 04/10/2024