Diego Calvo realiza a ofrenda á Virxe do Rosario na Coruña
2024-10-07
/documents/35297/1467280/20241007FestividadeRosario+%2812%29.jpg?version=1.0&imagePreview=1
A Coruña, 7 de outubro de 2024
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, realizou hoxe na Coruña a ofrenda ante a Virxe do Rosario, patroa da cidade, no marco da eucaristía celebrada con motivo da súa festividade. A celebración contou tamén coa presenza da delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e da directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela.
Na súa intervención, o conselleiro lembrou o forte vínculo do pobo coruñés coa Virxe do Rosario desde que, no século XVI, se encomendara a ela ante o ataque inglés, e apelou a esa mesma “unidade, lealdade e compromiso” para facerlles fronte aos actuais retos.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 07/10/2024