O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co alcalde de Castrelo do Val
2024-10-17
/documents/35297/1471117/Reuni%C3%B3n+alcalde+de+Castrelo+do+Val+1.JPG?version=1.0&imagePreview=1
Ourense, 17 de outubro de 2024
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuniuse esta mañá co alcalde de Castrelo do Val, Vicente Gómez, co que analizou as principais demandas do municipio en relación á Administración autonómica.
Manuel Pardo, despois de repasar co seu rexedor asuntos de interese mutuo para as dúas administracións e avaliar posibles vías de colaboración, trasladoulle “o compromiso da Xunta de acometer os investimentos necesarios e traballar de forma conxunta para garantir o benestar de todos os veciños do concello de Castrelo do Val”.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 17/10/2024