A Xunta destina 48 M€ en actuacións clave nos concellos da comarca do Salnés e Ullán nuns orzamentos centrados na educación, a sanidade e o medio ambiente
O delegado territorial, Agustín Reguera, informa das contas para a comarca, que inclúen unha importante partida para o novo hospital de Vilagarcía, ademais de accións de saneamento e centros escolares.
O total dedicado á provincia de Pontevedra supera os 4.077 millóns de euros, o que supón preto de 4.300 euros por habitante
”A Xunta mantén o seu compromiso cunha provincia máis atractiva, confortable e saudable para todos os veciños e veciñas”
Pontevedra, 19 de outubro de 2024
A Xunta de Galicia vén de destinar preto de 48 M€ para a comarca do Salnés no proxecto de Orzamentos 2025, segundo revelou hoxe o delegado territorial, Agustín Reguera, acompañado polo secretario territorial, Ramón Pereiro, e a directora territorial da consellería de Presidencia, Blanca García-Señoráns.
O delegado lembrou as “múltiples obras e iniciativas” levadas a cabo con éxito durante o presente exercicio e sinalou algunhas das principais actuacións previstas nestes orzamentos, entre as que destaca os 30 M€ que se destinaran a accións de saneamento da ría, con obras xa en marcha como a de Vilagarcía de Arousa e Cambados e outras novas actuacións que se esperan anunciar.
Entre os principais investimentos que se levarán a cabo na comarca do Salnés, destacan, en Vilagarcía de Arousa: O novo centro de Saúde, que conta cunha achega de 9,2 M€ para a súa construción; a ampliación do CIFP Fontecarmoa, con 2,1 M€; a adquisición de equipamento para o hospital do Salnés, con 800.000 €; a ampliación do CEIP Plurilíngue Arealonga, 640.000 €; a remodelación dos xulgados, 240.000€; a instalación dun ascensor no IES Carril, 169.000 €; a adquisición de solo para vivendas, 160.000 €; e os traballos no Polígono Industrial do Pousadoiro, 158.236 €.
En Vilanova de Arousa, os principais proxectos son os da: cuberta da pista do CEIP Sestelo-Baión, con 729.824 €; o proxecto de iluminación do porto, 300.000 €; as obras no CEIP San Roque, 250.000 €; e o novo Polo de Emprendemento, 120.000 €.
En Sanxenxo destaca a construción de departamentos de usuarios do Porto, con 545.000 €; e as obras no Ceip de Portonovo, con 248.000 €.
En Cambados, hai 850.000 € destinados á ampliación do CEIP San Tomé; 180.000 € para a iluminación do Porto de Tragove; e 114.000 € para a mellora do firme no mesmo porto.
Nos Concellos Do Grove, Meaño e Ribadumia o CEIP Rosalía de Castro, o CEIP Coirón-Dena e o CPI Julia Becerra contarán cun orzamento de 300.000 euros respectivamente.
Por último, Valga conta cunha partida de 242.950 € para a recuperación do Porto Piñeiro.
En total, o investimento en actuacións estratéxicas na comarca do Salnés e Ullán é de preto de 48 M€.
Cabe destacar que, máis alá dos investimentos nomeados, os orzamentos do ano 2025 contemplan unha gran cantidade de pequenas actuacións, así como a prestación de servizos aos que a cidadanía xa está habituada. Nomeadamente as axudas para o alugamento, os bonos e programas de transportes ou a gratuidade da educación dende os 0 anos ata a titulación universitaria.
O delegado territorial destacou o “carácter social” dos orzamentos xerais da Xunta, e en especial dos destinados aos concellos do Salnés onde “a sanidade, a educación e o medio ambiente teñen un peso fundamental”. Trátase, segundo explicou Reguera, da proba de que “a Xunta mantén o seu compromiso cunha provincia de Pontevedra máis atractiva, confortable e saudable para todos os veciños e veciñas”.