A Xunta sinala o papel clave das novas tecnoloxías no impulso dunha xustiza sostible

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, participou na inauguración do seminario ‘Xustiza sostible para as familias’ organizado polas universidades de Santiago de Compostela e de Vigo co apoio da Xunta

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2024

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, participou na inauguración do seminario Xustiza sostible para as familias, organizado polas universidades de Santiago de Compostela e de Vigo co apoio da Xunta, onde sinalou o papel clave das novas tecnoloxías no impulso dunha xustiza sostible. Nesta liña, referiuse especialmente á Intelixencia Artificial, que proporciona “ferramentas e solucións que contribúen a automatizar tarefas, optimizar procesos e axilizar a toma de decisións legais”.

José Tronchoni salientou a aposta da Xunta pola “plena adaptación dos sistemas xudiciais a unha sociedade cada vez máis tecnolóxica” co obxectivo principal de simplificar procesos e reforzar a transparencia. Para o director xeral, a combinación da tecnoloxía e o dereito abriu novas posibilidades coa automatización de tarefas repetitivas, a análise de datos e predición ou a mellora da investigación legal.

A maiores, incidiu na importancia da colaboración e a comunicación entre todos os operadores xurídicos, facilitando un enfoque máis proactivo e transparente na prestación de servizos legais.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/10/2024