A Xunta pon en valor a importancia do voluntariado no eido social

Teo (A Coruña), 26 de outubro de 2024

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou esta mañá na inauguración do segundo encontro de persoas voluntarias organizado por Fademga Plena Inclusión que leva por lema ‘A fórmula da solidariedade’. No acto, destacou o papel decisivo que xoga o voluntario no eido social, principalmente na atención a persoas con discapacidade.

A xornada, que se celebra no Hotel Congreso, xira en torno á importancia das persoas voluntarias e permitirá coñecer diferentes experiencias e testemuñas. Ademais, conta coa participación do psicólogo Javier Riobó, que imparte unha ponencia sobre o enfoque centrado na persoa e sobre ferramentas para formar ao voluntariado.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/10/2024