A Xunta segue reforzando a formación das persoas en risco de exclusión social cun curso de técnicas de limpeza e hixienización

A acción formativa, de 64 horas de duración, desenvólvese no concello lucense de Meira

Meira (Lugo), 25 de outubro de 2024

A Xunta de Galicia, a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, desenvolve unha nova actividade orientada ás persoas en risco de exclusión social. O itinerario deste curso busca dotar aos participantes de técnicas e métodos para a limpeza e hixienización de mobiliario.

O curso foi deseñado polos Equipos comarcais de inclusión social do Consorcio Galego de Servizos de igualdade e Benestar. O obxectivo é mellorar as expectativas laborais das persoas en situación de vulnerabilidade para dotalos dos coñecementos precisos para acceder ao mercado laboral dos  sectores con altas necesidades de traballadores como a construción, a loxística ou o ámbito dos servizos.

Esta actividade formativa ten unha duración de 64 horas vai centrarse nas técnicas, útiles e produtos para desenvolver unha correcta hixienización de edificios e locais. Ademais, este curso está cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.

Data de actualización: 25/10/2024