A delegada territorial da Xunta visita aos primeiros usuarios do centro de día Lembranzas de Cedeira
Cedeira (A Coruña), 5 de novembro de 2024
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá aos primeiros usuarios do centro de día para maiores Lembranzas, en Cedeira, inaugurado recentemente e que contou co respaldo da Xunta de Galicia para a súa posta en marcha.
Aneiros interesouse polo grado de satisfacción dos usuarios con estas novas instalacións con capacidade para 34 persoas e os servizos lles ofrecen como atención sociosanitaria, terapia ocupacional, rehabilitación ou animación sociocultural, entre outros.
O centro de día Lembranzas contou para o seu acondicionamento cunha aportación autonómica de 135.000 euros a través dos fondos asignados ao Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Seitura 22 da medida Leader do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020.