Xunta e Deputación avanzan na mellora das infraestruturas deportivas da provincia de Ourense
2024-11-05
/documents/35297/1491619/051124OURENSE.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, e o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, mantiveron esta mañá unha reunión de traballo onde exploraron novas vías de colaboración para a mellora da situación deportiva da provincia. Ademais, con respecto ás infraestruturas deportivas, avanzaron na xestión e vindeiras actuacións do Parque Acuático de Monterrei que nesta tempada de verán recibiu preto de 100.000 usuarios.
Data de actualización: 05/11/2024