Rueda reúnese cos embaixadores de Arxentina, Chile e Honduras en España
Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2024
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, reuniuse este mediodía cos embaixadores de Arxentina, Chile e Honduras en España co obxectivo de intercambiar experiencias sobre a atracción do talento.
No encontro, o titular do Executivo e os embaixadores manifestaron o seu interese por establecer vínculos de colaboración nos principais sectores produtivos para abordar o reto da cobertura do emprego. Falouse principalmente da importancia de centrar o obxectivo na modernización do Servizo Público de Emprego, na Estratexia Galicia Retorna para promover a volta da colectividade galega no exterior, e na aposta pola integración sociolaboral das persoas estranxeiras.