O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co alcalde de Barbadás
2024-11-13
/documents/35297/1503156/Reunion+alcalde+de+Barbadas+1.JPG?version=1.0&imagePreview=1
Ourense, 13 de novembro de 2024
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuniuse esta mañá co alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, co que analizou as principais demandas do municipio en relación á Administración autonómica.
Manuel Pardo, despois de repasar co seu rexedor asuntos de interese mutuo para as dúas administracións e avaliar posibles vías de colaboración, trasladoulle “o compromiso da Xunta de acometer os investimentos necesarios e traballar de forma conxunta para garantir o benestar de todos os veciños do concello de Barbadás”.
Departamento:
A Presidencia da Xunta
Data de actualización: 13/11/2024