A Xunta colabora co Expo Racing Galicia, que se celebra esta fin de semana no Pazo de Feiras de Lugo

Lugo, 14 de novembro de 2024

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, reuniuse hoxe coa presidenta da Escudería Miño, Maite Vilanova, para abordar a colaboración no primeiro salón Expo Racing Galicia, que se celebra esta fin de semana no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

O recinto acollerá durante as xornadas do sábado 16 e o domingo 17 exposicións de vehículos de competición, exhibicións, cursos, charlas e visitas de importantes figuras do mundo do rally.

Arias destacou que o Centro Integral de Formación Profesional (CIFP) As Mercedes tamén participará neste evento, ao que levarán o simulador de Fórmula 3 e o vehículo de competicións modelo Dallara F3 desenvolvidos por alumnado e profesorado do centro.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/11/2024