A Xunta habilita a opción da autocita para que as persoas con patoloxías crónicas e as embarazadas escollan cando vacinarse da gripe e da covid
Esta opción tamén está activa para as persoas en situación de inmunosupresión, os traballadores de servizos esenciais e os convivientes de persoas de alto risco
As persoas que pertenzan a estes grupos poderán solicitar a súa cita a través da web do Sergas (É-saude) ou da aplicación SergasMóbil
Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2024
A Xunta vén de habilitar a opción de autocita para vacinarse da gripe e da covid en grandes recintos a aquelas persoas con patoloxías crónicas e en situación de inmunosupresión, ás mulleres embarazadas, aos traballadores dos servizos esenciais, persoal de centros sanitarios e sociosanitarios que estean pendentes de vacinar e aos convivientes de persoas pertencentes aos grupos de alto risco.
Deste xeito, desde a xornada deste xoves as persoas que pertenzan a estes grupos de poboación e con idades comprendidas entre os 12 e os 59 anos, poderán solicitar a súa cita a través da web do Sergas (É-saúde) ou da Aplicación Sergas Móbil.
Nestes grupos inclúense as persoas que padecen diabetes, obesidade, enfermidades cardiovasculares, enfermidade renal e hepática; profesionais das forzas e corpos de seguridade do Estado, bombeiros, protección civil etc.; embarazadas en calquera trimestre de xestación e mulleres durante o puerperio (até 6 meses do postparto); e os convivientes de persoas pertencentes aos grupos de alto risco.
A Consellería de Sanidade, a través da Dirección Xeral de Saúde Pública, tamén continúa a citar as persoas do grupo etario entre 60-69 anos, que comezarán a ser convocados a partir do día 21. Neste caso, as citas realízanse de maior a menor idade.
Até o de agora, un total de 419.205 galegos e galegas xa se vacinaron da gripe na actual campaña de inmunización.
No seguinte cadro, recóllense os horarios e lugares de vacinación habilitados pola Xunta de Galicia:
|
LUGAR |
PUNTO DE VACINACIÓN |
APERTURA |
|
|
|
DÍAS |
HORARIO |
|
|
A Coruña |
Expocoruña- IFECO |
De luns a sábado |
9-14 h e 15-20 h |
|
Cee |
Hospital Virxe Xunqueira de Cee |
De luns a venres |
15,30-21 h |
|
Sábados |
9-14h e 15-20h |
||
|
Ferrol |
FIMO |
De luns a sábado |
9- 14 h e 15,30-21 h |
|
Santiago |
Cidade da Cultura |
De luns a sábado |
9-14 h e 15,30- 21 h |
|
Ribeira |
Hospital do Barbanza |
De luns a venres |
15,30- 21 h |
|
Sábados |
De 9 -14,30h |
||
|
Lugo |
Hospital Lucus Augusti |
De luns a sábado |
8,30-14h e 15,30-19,30 h |
|
Monforte |
Anexo IES Río Cabe |
De luns a sábado |
8,30-14 h e 15,30-19,30 h |
|
Burela |
Hospital Público da Mariña |
De luns a sábado |
8,30-14 h e 15,30-19,30 h |
|
Ourense |
Recinto feiral Expourense |
De luns a sábado 9-14,30h e 15,30-21h |
|
|
Os días 15, 16, 22 e 23 de novembro vacinarase no CHUO |
|||
|
Verín |
Hospital de Verín |
De luns a sábado |
9-14,30 h |
|
O Barco |
Hospital de Valdeorras |
De luns a sábado |
9-14,30 h |
|
Pontevedra |
Edificio Xunta Campolongo |
De luns a sábado |
8,45-14 h e 15,30-20,45 h |
|
Vilagarcía |
Hospital do Salnés |
De luns a sábado |
9-13,30 h e 15,30-20 h |
|
Vigo |
Recinto feiral IFEVI |
De luns a sábado |
8,30-14h e 15,30-21 h |