O Galp Ría de Vigo - A Guarda realiza unha xornada para divulgar proxectos galegos de interese para esta área do litoral da comunidade

Soutomaior (Pontevedra), 15 de novembro de 2024

O Galp Ría de Vigo - A Guarda desenvolveu este venres unha xornada na sede da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra para dar a coñecer proxectos realizados polos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro por todo o territorio galego e que poden ser de interese para réplicas no territorio que abarca esta entidade. No evento, co título Boas ideas dos GALP galegos para o noso territorio, participou a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, que destacou o impacto positivo das iniciativas financiadas pola Consellería do Mar que permiten diversificar as actividades e dinamizar as economías costeiras de Galicia.

Entre os proxectos expostos estaba a Creación y posta en marcha del laboratorio de IDi de salazón, ahumados e escabechados polo GALP Ría de Pontevedra, o denominado Miranda: Mirada ao mar do Galp Mariña Ortegal, Innovando no sector do mar do Galp Ría de Arousa, Sisargas: Mulleres dinamizando a economía pesqueira da Costa da Morte do Galp Costa da Morte, Liña de fabricación para a sardiña baixo nova marca comercial do Galp Costa Sostible e Os mares de baixura II realizado polo propio Galp Ría de Vigo- A Guarda. O acto foi pechado por unha mesa redonda e unha degustación de produtos do mar.

Imaxes relacionadas

Departamento:
C. do Mar
Data de actualización: 15/11/2024