A Xunta recibe catro ofertas para executar a plataforma flotante do Parrote, na Coruña
A intervención, licitada por 2,6M€, fortalecerá a relación da cidade co mar e forma parte do proxecto Coruña Marítima
Esta intervención singular, que a Xunta executa en colaboración coa Autoridade Portuaria da Coruña, permitirá habilitar unha zona de baño segura neste emblemático espazo da cidade
Das 4 ofertas presentadas para executar estas obras, 3 delas están conformadas por UTE, o que suma un total de 7 empresas
A previsión é que a instalación, pensada ao redor de tres ideas, deporte, ocio e encontro social, poida estar lista no verán do 2025
Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2024
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas recibiu catro ofertas para a executar as obras da instalación da estrutura flotante do Parrote, na Coruña, licitadas por 2,6M€.
Das 4 ofertas presentadas para executar estas obras, 3 delas están conformadas por UTE, o que suma un total de 7 empresas
Esta intervención singular, que a Xunta executa en colaboración coa Autoridade Portuaria da Coruña, permitirá habilitar unha zona de baño segura neste emblemático espazo da cidade.
Trátase de que a cidade recupere con esta instalación unha histórica zona de baño que permitirá, fortalecer a relación da cidade co mar, a través dun proxecto singular que forma parte da Coruña Marítima.
A intervención, que conta cun prazo de execución de 8 meses, prevé que a instalación poida estar lista neste vindeiro verán.
En concreto, a través desta actuación, habilitarase unha zona de baño, con gradas, espazos de descanso e pasarela accesible. O deseño da infraestrutura, moderna, novidosa e accesible, permitirá o desenvolvemento doutras actividades de recreo náuticas e na que se habilitarán dúas piscinas, unha delas aberta ao mar.