A conselleira de Política Social e Igualdade, acompañada do alcalde, visitou hoxe as instalacións onde se situará o futuro centro

A Xunta concede 150.000 euros ao concello de Ribadavia para a creación dun novo punto de atención á infancia que contará con 20 prazas

Fabiola García destacou que este novo recurso permitirá que en 2025 as familias deste municipio teñan máis facilidades para conciliar a vida laboral e familiar

Ribadavia (Ourense), 22 de novembro de 2024

A Xunta de Galicia concedeu unha axuda de 150.000 euros ao Concello de Ribadavia para a creación dun Punto de Atención á Infancia (PAI) de 20 prazas. A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, acompañada do alcalde, César Manuel Fernández,  visitou hoxe as instalacións onde se instalará este recurso e cuxa atención educativa será gratuíta para todos os pais gracias ao financiamento do Goberno galego a todos os centros da Comunidade.

Durante a visita, destacou este novo centro permitirá que o vindeiro ano as familias desta localidade, situada no corazón do Ribeiro, “teñan máis facilidades para conciliar e ver medrar aos nenos”. Lembrou, ademais, que a axuda que recibe o concello de Ribadavia procede da orde para a creación de prazas de titularidade municipal que permitirá crear novas prazas de atención 0-3 anos.

Fabiola García sinalou que Galicia se ten convertido nunha referencia a nivel nacional na conciliación das familias gracias a medidas como a gratuidade de todas as escolas infantís; a creación de casas niño para levar a conciliación a concellos onde non existían estes servizos; e tamén mediante o Bono Concilia Familia, que ofrece axudas para a contratación dun apoio extraordinario de conciliación en períodos de lectivos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 22/11/2024