A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas mantén unha reunión co alcalde de Campo Lameiro

Pontevedra, 25 de novembro de 2024

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo esta tarde unha reunión de traballo co alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa.

Nesta xuntanza, que tivo lugar na Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra, tamén participou o director territorial da Consellería en Pontevedra, José Manuel González.

Allegue cualificou este encontro de "frutífero", posto que abordaron actuacións en materia de vivenda e infraestruturas, que son de interese para este concello pontevedrés.

A conselleira e o rexedor coincidiron na importancia da colaboración entre administracións para impulsar os proxectos que contribúan a mellorar a calidade de vida dos veciños e a reforzar a competitividade do municipio.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/11/2024