Os centros Quérote+ da Xunta farán mañá unha campaña informativa a pé de rúa dirixida a mocidade con motivo do Día Mundial da Sida
Santiago de Compostela, 01 de decembro de 2024
A Xunta de Galicia, a través a súa rede de centros Quérote+, levará mañá aos campus universitarios mesas informativas con motivo do Día Mundial da SIDA. A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, explicou que o obxectivo desta acción é favorecer a prevención, sensibilizar e achegar información de utilidade á mocidade sobre esta infección.
As mesas emprazaranse na Facultade de Ciencias da Educación do campus de Elviña da Universidade da Coruña, entre as 11,00 e as 14,00 horas; na entrada da Biblioteca Concepción Arenal do campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela, de 11,30 a 13,30 horas; e no centro comercial da Cidade Universitaria de Vigo (CUVI), desde as 12.00 ata as 14,00 horas. Así mesmo, colocarase unha cuarta mesa no CIFP Portovello de Ourense entre as 11,30 e as 12.00 horas.