O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria participou na clausura do Programa Democratización e Camiños de Coñecemento e Experiencia

A Xunta destaca as actividades formativas destinadas ao público sénior como unha oportunidade para garantir unha vida activa

Estas formacións diríxense a cidadáns de máis de 50 anos que desexen ampliar a súa formación en diferentes ámbitos

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2024

O director xeral Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, participou na clausura do Programa Democratización e Camiños de Coñecemento e Experiencia da Universidade de Santiago que ofrece titulacións académicas a persoas de máis de 50 anos que desexen ampliar a súa formación. 

Este acto coincidiu tamén coa celebración da patroa do IV ciclo, o que representa a todos os estudantes sénior. Así, o director xeral enxalzou o seu esforzo e dedicación deste alumnado para seguir ampliando os seus coñecementos e demostrar que a idade non é unha barreira para seguir formándose.

Así mesmo, Antón Acevedo destacou que estes programas ao igual que os cursos para persoas maiores son claves na democratización do coñecemento, principalmente nas zonas máis rurais e entre a poboación que non tivo oportunidade de estudar noutras etapas. Nesta liña, sinalou que estas accións son imprescindibles para un envellecemento activo e saudable.

Data de actualización: 04/12/2024