O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria visitou as instalacións deste centro residencial

A Xunta destina máis de 150.000 euros á residencia de maiores As Dores de Lalín para a execución de obras de mellora e o impulso de novos programas

O Executivo galego financia con preto de 130.000 euros as reformas de accesibilidade, melloras da salubridade e eficiencia enerxética

Ademais, outorga preto de 21.000 euros á iniciativa de Estimulación Cognitiva a través da música

Lalín (Pontevedra), 17 de decembro de 2024

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou esta mañá as obras que se están levando a cabo na residencia de maiores As Dores de Lalín e os programas de atención que realizan cos usuarios. Estas actuacións contan este ano cunha axuda da Xunta de preto de 150.000 euros con cargo ao 0,7 % do IRPF.

En concreto, as obras están encamiñadas a mellorar a accesibilidade da infraestructura, melloras na salubridade e eficiencia enerxética co obxectivo de acadar un maior confort térmico para os usuarios. A entidade social Acolle Galicia, encargada da xestión do centro, destina 130.000 euros das achegas da Xunta de Galicia a executar estas reformas nas instalacións de Lalín.

Ademais, o Executivo galego aporta unha achega de máis de 20.000 euros o programa Estimulación Cognitiva a través da música. Estes programas son clave para previr as demencias e fomentar o envellecemento activo. Neste sentido, o director xeral recalcou que a Xunta de Galicia seguirá apoiando todas as iniciativas que supoñan unha mellora na calidade de vida dos maiores.

Data de actualización: 17/12/2024