O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co alcalde de Verea
2024-12-18
/documents/35297/1548332/181224++P%C3%A9+de+Foto+-+Reuni%C3%B3n+alcalde+de+Verea+1.JPG?version=1.0&imagePreview=1
Ourense, 18 de decembro de 2024
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuniuse esta mañá co alcalde de Verea, José Antonio Pérez, co que analizou as principais demandas do municipio en relación á Administración autonómica.
Manuel Pardo, despois de repasar co seu rexedor asuntos de interese mutuo para as dúas administracións e avaliar posibles vías de colaboración, trasladoulle “o compromiso da Xunta de acometer os investimentos necesarios e traballar de forma conxunta para garantir o benestar de todos os veciños do concello de Verea”.
Data de actualización: 18/12/2024