A delegación territorial da Xunta en Ferrol celebra a súa última Comisión de Coordinación do ano
2024-12-19
/documents/35297/1548335/Comisionterritorial.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Ferrol, 19 de decembro de 2024
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, presidiu esta mañá a última Comisión Territorial de Coordinación da Delegación de Ferrol do ano. No encontro, ao que asistiron os directores territoriais das distintas consellerías, fíxose un balance das principais actuacións da Administración autonómica na área durante 2024 e fixaron as prioridades de cara ao próximo exercicio.
Martina Aneiros aproveitou a ocasión para trasladarlles os seus mellores desexos de cara ao 2025 e desexarlles un bo Nadal.
Departamento:
C. de Facenda e Administración Pública
Data de actualización: 19/12/2024