Diego Calvo reúnese co alcalde da Laracha
Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2024
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, mantivo un encontro de traballo co alcalde da Laracha, José Manuel López, para coñecer de primeira man as necesidades deste concello e avaliar posibles vías de colaboración desde a Xunta que contribúan á execución dos seus proxectos. Así, o alcalde informou da reforma prevista na casa consistorial, onde se sitúan o xulgado de paz e os servizos municipais, co obxectivo de dispoñer de espazos máis funcionais e confortables para o persoal e a cidadanía usuaria. O encontro enmárcase no compromiso do Goberno galego coas administracións locais a través de distintas liñas de axudas que permitiron este ano o impulso de case 700 iniciativas municipais, cun investimento de 32 millóns de euros.