A delegada da Xunta en Ferrol reúnese coa Junta General de Cofradías de Semana Santa de cara á próxima celebración desta festividade

Ferrol, 2 de xaneiro de 2025

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, recibiu esta mañá no seu despacho ao presidente e secretario da Junta General de Cofradías y Hermandades de Semana Santa, César Carreño e Fernando Iguacel, respectivamente, co fin de abordar diferentes asuntos relacionados coa celebración desta festividade e a contribución autonómica á mesma.

A Junta General de Confradías y Hermandes é a encargada de coordinar o traballo das cinco confrarías (Dolores, Angustias, Merced, Santo Entierro e Soledad) implicadas na celebración da Semana Santa de Ferrol, declarada Festa de Interese Turístico Internacional.

O encontro enmárcase na rolda de contactos que Aneiros mantén de maneira habitual coas entidades de carácter social, municipal e empresarial da zona co fin de coñecer de primeira man ás necesidades que se poidan producir na área territorial.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/01/2025