O delegado da Xunta en Ourense preside a primeira Comisión Territorial de Coordinación do ano
2025-01-14
/documents/35297/1582148/140125++Reuni%C3%B3n+Comisi%C3%B3n+Territorial+1.JPG?version=1.0&imagePreview=1
Ourense, 14 de xaneiro de 2025
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, presidiu esta mañá unha nova Comisión Territorial de Coordinación da Delegación, a primeira do ano 2025, que contou coa participación dos directores territoriais das distintas consellerías.
Durante a reunión de traballo que se leva a cabo periodicamente, o delegado fixo un repaso polo estado de tramitación das principais actuacións que o Goberno galego está a impulsar nesta área territorial. Ademais fixáronse tamén as prioridades de cara o primeiro trimestre do ano.
Departamento:
A Presidencia da Xunta
Data de actualización: 14/01/2025