Rueda recibe a usuarios do Centro Juan María, referente no eido da inclusión das persoas con discapacidade intelectual

Membros da asociación fixéronlle entrega ao presidente do cadro que adquiriu na celebración do 40 aniversario do centro

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2025

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, recibiu esta semana a usuarios do Centro Juan María, referente no eido da inclusión das persoas con discapacidade intelectual. Neste encontro fixéronlle entrega do cadro adquirido polo titular do Executivo autonómico o pasado 7 de novembro na poxa que tivo lugar na celebración do 40 aniversario desta asociación.

Rueda, que estivo acompañado pola conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, mantivo un encontro con Brian Dacuña, autor da obra que loce xa no despacho do presidente do Goberno galego, e os seus compañeiros Lourdes Alonso e Sergio Fernández. Tamén participaron na xuntanza  o presidente do Centro Juan María, Manuel González, e outros representantes da entidade.

O Centro Juan María, con sede en Nigrán, traballa a prol das persoas con discapacidade intelectual e conta con servizos de calidade, como son o centro educativo, de día e ocupacional, ou o centro especial de emprego.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/01/2025