A conselleira María M. Allegue mantén un encontro de traballo coa alcaldesa do Rosal
2025-01-22
/documents/35297/1591826/250122_ORosal_x-2.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2025
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo esta tarde un encontro de traballo coa alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández.
Nesta reunión, a conselleira e a rexedora abordaron actuacións en materia de infraestruturas, de interese para este municipio pontevedrés.
Allegue salientou a importancia da colaboración entre administracións para impulsar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida dos cidadáns.
Data de actualización: 22/01/2025