Rueda reúnese co embaixador do Xapón para seguir impulsando o intercambio empresarial entre os dous territorios

Trátase do segundo encontro que manteñen o presidente da Xunta e o embaixador xaponés. O primeiro foi en xuño de 2023.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2025

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e da conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, reuniuse onte co embaixador do Xapón en España, Takahiro Nakamae.

No encontro, o presidente do Goberno galego e o embaixador nipón falaron do interese común de seguir impulsando o intercambio empresarial, cultural e turístico entre os dous territorios. O Camiño de Santiago ten unha especial vinculación co Xapón polo seu irmandamento co roteiro Kumano-Kodo, sendo os dous únicos roteiros de peregrinación do mundo declarados Patrimonio Mundial pola UNESCO. Ademais, serviu para profundar na cooperación nas súas relacións bilaterais e no mercado global, sobre todo no sector da automoción, que é o sector onde se rexistran máis exportacións a Xapón.

Este é o segundo encontro entre o presidente da Xunta e o embaixador xaponés, que coincide coa visita do diplomático a Galicia para ser pregoeiro da Feira do Cocido de Lalín. A anterior ocasión foi en xuño de 2023.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 28/01/2025