A Xunta recibe 7 ofertas para renovar o firme de 5 estradas en 11 concellos da área de Pontevedra e da comarca do Salnés, cun investimento de 3,3 M€

Acondicionarase o firme en varios treitos das estradas PO-226, PO-303, PO-307, PO-308 e PO-550, que discorren polos concellos de Cuntis, Moraña, Barro, Poio, Sanxenxo, Meaño, Vilanova de Arousa, A Illa de Arousa, O Grove, Cambados e Ribadumia

Rehabilitarase a capa de rodaxe das estradas, restaurando ou mellorando as características do pavimento, adecuando as súas necesidades funcionais e de durabilidade

O Goberno galego destina neste exercicio 68 M€ á conservación das estradas autonómicas

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2025

A Xunta recibe 7 ofertas para renovar o firme en 5 estradas autonómicas ao seu paso por 11 concellos da área de Pontevedra e da comarca do Salnés, cun investimento de 3,3M€.

Os traballos contan cun prazo de execución de 9 meses e teñen como obxectivo mellorar a capa de rodaxe en varios treitos das estradas PO-226, PO-303, PO-307, PO-308 e PO-550, que discorren polos concellos de Cuntis, Moraña, Barro, Poio, Sanxenxo, Meaño, Vilanova de Arousa, A Illa de Arousa, O Grove, Cambados e Ribadumia.

As actuacións consistirán na rehabilitación superficial do firme das estradas, restaurando ou mellorando as características do pavimento, adecuando as súas necesidades funcionais e de durabilidade.

Os traballos incluirán a reparación de zonas de firme danado mediante fresados localizados e reposición dunha capa de firme, selado de fisuras lineais con mestura bituminosa e a creación dunha nova rodadura mediante recrecemento de firme.

O Goberno galego continúa a traballar para manter as vías de titularidade da Xunta nas mellores condicións e para garantir a seguridade viaria aos usuarios, destinando neste exercicio 68 M€ á súa conservación.

Data de actualización: 29/01/2025