O presidente da Xunta participou no tradicional xantar de empresarios de Valga con motivo do San Blas

Rueda pon en valor a capacidade de Galicia de ter empresas competitivas en calquera punto do territorio

Valga (Pontevedra), 3 de febreiro de 2025

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo hoxe en valor a puxanza do tecido económico de Valga e reflexionou sobre a capacidade que ten Galicia de ter empresas competitivas ao longo de todo o territorio, e non só nas grandes cidades ou en determinadas áreas.

 Así o sinalou durante o tradicional xantar con empresarios da localidade que se organiza con motivo do San Blas. Alí explicou algunha das medidas que ten en marcha a Xunta para facilitar a iniciativa privada como o solo industrial gratuíto os primeiros 8 anos, as novas figuras de aceleración de solo industrial ou a formación flexible e á carta para casar a oferta e a demanda de emprego. Na súa intervención, tamén agradeceu aos empresarios o seu compromiso por xerar riqueza e emprego no territorio e recordou a disposición da Xunta para escoitar as súas demandas e necesidades.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/02/2025