A reconstrución dun muro na AG-56 en Brión, por mor do recente temporal, fai necesario mañá o corte da calzada en sentido Noia

Trátase de reconstruír o muro situado entre os puntos quilométricos 110+980 ao 111+000 da autovía, tras as fortes chuvias de finais de xaneiro

No enlace de Brión estarán permitidos todos os movementos, excepto a incorporación cara Noia que quedará pechada

Os vehículos tamén poderán incorporarse no mesmo enlace en sentido Santiago e efectuar o cambio de sentido no enlace de Bertamiráns Norte

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2025

Os traballos de reconstrución dun muro de contención na AG-56 en Brión fan necesario mañá o corte de calzada en sentido Noia.

Trátase de reconstruír o muro situado entre os puntos quilométricos 110+980 ao 111+000 da AG-56, tras un desprendemento por mor das fortes chuvias de finais de xaneiro.

Para avanzar nesta actuación e garantir a seguridade dos traballadores e dos usuarios da autovía cómpre cortar o tráfico nesta calzada.

O transfer á calzada en sentido contrario habilitarase entre os puntos 8+500 e 11+100 da AG-56, que quedará provisionalmente con dobre sentido de circulación. Isto afectará ao enlace de Brión, onde estarán permitidos todos os movementos, excepto a incorporación cara Noia que quedará pechada.

Os vehículos, como alternativa a ese movemento, poderán incorporarse no mesmo enlace sentido Santiago e efectuar o cambio de sentido no enlace de Bertamiráns Norte.

Data de actualización: 03/02/2025