O Consello de Administración de Xestión do Solo de Galicia-Xestur aproba o nomeamento de Diego Jorreto como novo xerente

O Consello de Administración de Xestión do Solo de Galicia-XESTUR S.A. acordou aprobar o nomeamento de Diego Jorreto Díaz como novo xerente do organismo público dependente da Consellería de Economía e Industria a proposta do tribunal designado para a selección do posto pola quenda de promoción interna.

Jorreto Díaz é licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña e conta co diploma de Estudos Avanzados en Dereito Administrativo pola Universidade de Vigo. Tamén cursou ensinanzas superiores de Dereito Público, Urbanismo e Xestión e Disciplina Urbanística da Escola Galega da Administración Pública.

O novo xerente de Xestur ingresou no ano 2002 como persoal laboral fixo de Xestión do Solo de Galicia desempeñando desde entón distintas funcións xurídicas nos departamentos de urbanismo e contratación da sociedade. Tras o seu nomeamento, Diego Jorreto pasa a asumir as competencias de xerencia, posto que estaba vacante.

Data de actualización: 05/02/2025