María M. Allegue mantén un encontro de traballo co alcalde de Mondariz

Vigo, 5 de febreiro de 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo esta mañá unha reunión de traballo co alcalde de Mondariz, Pablo Barcia.

Na reunión, á que tamén asistiu o director territorial da Consellería en Pontevedra, José Manuel González, abordaron proxectos clave para o municipio, especialmente no ámbito das infraestruturas.

Allegue salientou a importancia da colaboración entre administracións para impulsar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida dos cidadáns.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 05/02/2025