Miguel Corgos reúnese coa conselleira para Asuntos Económicos da Embaixada de Estados Unidos en España

 

 

Madrid, 25 de febreiro de 2025

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, reuniuse esta mañá, na Casa de Galicia en Madrid, coa conselleira para Asuntos Económicos da Embaixada de EE.UU, Nazanin Berarpour.

Durante a xuntanza, Miguel Corgos destacou que Galicia é unha comunidade de referencia en estabilidade política e institucional, o que favorece a estabilidade financeira. Unha circunstancia que a sitúa como un territorio atractivo para o investimento, ao contar cun marco xurídico seguro e cun modelo fiscal competitivo.

O conselleiro manifestou a Nazanin Berarpour a vontade do Goberno galego de seguir cooperando co país norteamericano para acadar acordos en beneficio de toda a cidadanía.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/02/2025