A conselleira María M. Allegue mantén un encontro de traballo co alcalde de Santa Comba
2025-02-25
/documents/35297/1621421/250225_Vivenda_ReunionAlcldeSantaComba_MAC-2.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2025
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe un encontro de traballo co alcalde de Santa Comba, Alberto Romar Landeira.
Nesta reunión, a conselleira e o rexedor abordaron actuacións en materia de infraestruturas de interese para este municipio coruñés.
M. Allegue destacou a importancia da colaboración entre ambas administracións para impulsar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida dos cidadáns.
Data de actualización: 25/02/2025