Ana Ortiz participa na inauguración do II Market Vigo Centro en apoio ao comercio local
2025-03-07
/documents/35297/1626656/20250307+Market+Vigo+Centro+%281%29.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Vigo, 7 de marzo de 2025
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, participou este mércores na inauguración da segunda edición de Market Vigo Centro, unha iniciativa posta en marcha pola asociación de comerciantes nas Galerías Durán da rúa Príncipe de Vigo. A representante autonómica animou á cidadanía a consumir nos establecementos locais e participar neste tipo de actividades para revitalizar o comercio. Market Vigo Centro celebrarase entre o 7 e o 9 de marzo con máis de 30 tendas ofertando roupa, alimentación, música e accesorios para todos os gustos.
Departamento:
C. de Emprego, Comercio e Emigración
Data de actualización: 07/03/2025